Membros do ILG no SIALNI2

Data: 
Jueves, Noviembre 17, 2022 - 10:30
Imaxe: 

O 17 e 18 de novembro ten lugar na Universidade de Oviedo o II Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos del Noroeste Ibérico (SIALNI2). Xulio Sousa será o encargado de impartir a conferencia plenaria "A fragmentación lingüística no norte peninsular: isoglosas, límites e continuidade" o venres 18, ás 12:30 h. Clara Lago Caamaño falará o mesmo día, ás 18:30 h, sobre "Globalización alimentaria e cambio no léxico dispoñible do galego".