Homenaxe ao ALGa

Data: 
Viernes, Noviembre 13, 2015 - 19:15
Imaxe: 

O venres 13 de novembro, dentro do III Coloquio de Lingüística Histórica, celebrouse unha homenaxe ao ALGa co gallo do 25 aniversario da publicación do primeiro volume en 1990. Francisco Fernández Rei, investigador do ILG e coordinador do primeiro volume, Atlas Lingüístico Galego. Morfoloxía verbal, interveu xusto antes da conmemoración.

O proxecto Atlas Lingüístico Galego deu lugar á publicación de diversos volumes. Despois de Morfoloxía verbal (1990) viron a luz os volumes de Morfoloxía non verbal (1995), Fonética (1999), Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico (2003) e Léxico. O ser humano (I) (2005). No próximo mes aparecerá o volume VI, Léxico. Terra, plantas e árbores, editado conxuntamente pola Fundación Barrié e o Servizo de Publicacións da USC.