Gabriel Rei-Doval e a forza dos estudos galegos nos Estados Unidos
Data:
Miércoles, Junio 8, 2016 - 16:45
Imaxe:
Gabriel Rei-Doval, colaborador do Instituto da Lingua Galega e profesor no Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin-Milwaukee, acaba de publicar un artigo sobre a forza que os estudos de lingua, literatura e cultura galegas están tomando nos Estados Unidos.
O traballo, titulado “Galician Studies in the United States”, foi publicado nos Informes do Observatorio da lingua española e as culturas hispánicas nos Estados Unidos da Universidade de Harvard.