Entrega dos Premios á calidade lingüística

Data: 
Viernes, Febrero 19, 2016 - 14:15
Imaxe: 

A investigadora do ILG Sandra Beis Silva recibiu un dos premios á calidade lingüística na área de Arte e Humanidades polo seu traballo fin de mestrado Os dicionarios toponímicos: caracterización, análise crítica e proposta, dirixido polo profesor e investigador do ILG Ernesto Xosé González Seoane.

O acto tivo lugar o 22 de febreiro, luns, ás 11 h na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia en Santiago de Compostela, e contou coa presenza do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e outras autoridades académicas.