Elisa Fernández Rei, nova directora do ILG
Data:
Sábado, Junio 3, 2023 - 12:45
Imaxe:
O pasado 30 de maio Elisa Fernández Rei foi nomeada nova directora do ILG, tras ser proposta a súa candidatura polo Consello Científico do centro e aprobada pola Xunta de Goberno. Estará acompañada na secretaría por María Álvarez de la Granja, quen xa desempeñou o cargo de secretaria durante a dirección de Xosé Luís Regueira.
Regueira deixa a dirección tras cinco anos de traballo, período en que promoveu a presenza dixital do galego nos novos desenvolvementos TIC sen esquecer os proxectos piares da institución.