ELG ascende no ránking de revistas con selo de calidade FECYT

Data: 
Viernes, Octubre 16, 2020 - 10:00
Imaxe: 

A revista Estudos de Lingüística Galega ascende no ránking de revistas con selo de calidade FECYT. Na categoría temática de lingüística a publicación periódica ligada ó Instituto da Lingua Galega e publicada polo Servizo de publicacións da USC ocupa a posición 21 (2º cuartil) entre un total de 52 revistas. Este ránking corresponde ó ano 2019 e acaba de ser difundido pola Fundación Española para la Ciencia y Tecnología, F.S.P. (FECYT).