Convocatoria pública de contratación de persoal
Data:
Martes, Marzo 19, 2019 - 15:45
Imaxe:
Resolución 6/2019, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.
Convócase unha praza de seis meses de duración a tempo parcial no ILG para o tratamento e a análise de datos no Atlas Lingüístico de la Península Ibérica. O prazo para presentar solicitudes abrangue desde o 19 ata o 25 de marzo. Máis información en https://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2470_gl.pdf.
Ligazóns: