Convocatoria de dous contratos no Proxecto Nós
Data:
Miércoles, Octubre 19, 2022 - 19:45
O día 18 de outubro foi publicada a convocatoria pública 07/2022 en que se ofertan dous postos de traballo vinculados ao Proxecto Nós, desenvolto polo CiTIUS e o ILG. O prazo de presentación das solicitudes remata o 25 de outubro ás 23:59 h.
Descrición das prazas:
-
Código da praza: 2021-CP080
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Desenvolvemento de sistemas de síntese de voz e de recoñecemento da fala, colaboración na elaboración de memorias técnicas e deseño de experimentos e métricas de avaliación
Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou de Telecomunicacións
Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG)
-
Código da praza: 2021-CP081
Categoría laboral: Investigador/a asociado/aFuncións: Coordinación de subproxectos nas áreas de procesamento da lingua (texto), redacción de memorias técnicas e supervisión de tarefas relacionadas co desenvolvemento e avaliación de ferramentas de tecnoloxía lingüísticaTitulación requirida: Doutoramento en intelixencia artificial, tecnoloxías lingüísticas ou aprendizaxe de máquinaInstitución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)