Congreso da AJL en Santiago de Compostela

Data: 
Miércoles, Octubre 16, 2024 - 22:00
Imaxe: 

Do 16 ao 18 de outubro ten lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o XXXVIII Congreso Internacional da Asociación de Jóvenes Lingüistas, que conta na súa organización cos membros do ILG Iván Arias Arias, Estela Fidalgo Garra, Miguel Guisantes Alonso e Clara Lago Caamaño.

O mércores 16 Fidalgo falará sobre o piropo galego e madrileño e Víctor Bargiela Zotes (UNED), de estadía no noso centro, analizará a prosodia das oracións interrogativas absolutas en Vigo e Xixón. O xoves 17, Pedro García Louzao ofrecerá un relatorio sobre algúns retos teóricos na análise da hipercaracterización do clítico de acusativo; Iván Arias Arias centrarase na anotación e extracción de información semántica, e Miguel Guisantes Alonso analizará as ideoloxías da mocidade sobre a lingua estándar.