Novedades
-
Corenta anos dedicados ao estudo e promoción do galego
21/05/11Son corenta os anos que o Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago leva dedicados ao estudo e promoción do galego. Numerosos proxectos, publicacións e iniciativas, algunhas delas decisivas, dan conta do traballo iniciado a comezos dos anos 70 por un grupo de investigadores liderado polo catedrático de Filoloxía Románica Constantino García. -
A ‘Cartografía dos apelidos’ permite coñecer a frecuencia e distribución dos nomes en Galicia
29/04/11Saber o número de persoas que levan un apelido nun determinado concello galego ou como se distribúe un patronímico ao longo do territorio. -
40º aniversario da fundación do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela
21/03/11Nesta primavera de 2011 conmemoramos o 40º aniversario da fundación do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
-
O ILG traballará na realización do Dicionario de Apelidos Galegos e na redacción dunha gramática descritiva do galego actual
24/01/11O ILG acometerá nos vindeiros anos a realización do Dicionario de Apelidos Galegos e a redacción dunha gramática descritiva do galego actual. Trátase de dous proxectos que o ILG acometerá a través de senllos convenios que o reitor da USC, Juan Casares, asinou este luns 24 co presidente da Real Academia Galega, Xosé L.
-
Simposio ILG 2010 Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias
02/11/10A lingüística contemporánea partiu do presuposto de base de que a situación ideal das linguas é a de monolingüismo, tanto no plano social coma no plano individual, presuposto ao que vai asociada a noción de que cada lingua constitúe un sistema pechado, autocontido e autosuficiente, que evolúe segundo unha lóxica interna.
-
O ILG e o Consello da Cultura Galega presentaron a publicación Lingua e territorio
17/06/10O Instituto de Lingua Galega (ILG) da USC e o Consello de Cultura Galega presentaron este mércores, día 14, a publicación Lingua e territorio, dedicada ao fundador e ex director do Instituto, o profesor da USC Constantino García González.
-
O seminario do ILG 'Perspectivas sobre oralidade' analiza estes martes aspectos relacionados coa adquisición da lingua e coa expresión oral
17/06/10‘Adquisición da lingua’ será o relatorio que inicie este martes 30 unha nova sesión do seminario que o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) dedica este ano a ‘Perspectivas sobre oralidade’. Impartido polo profesor da USC Miguel Pérez Pereira a intervención desenvolverase a partir das 17:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.
-
Unha investigadora do ILG da USC colabora no desenvolvemento de ferramentas de recoñecemento de voz para a lingua italiana
10/06/10A profesora e investigadora do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, Elisa Fernández Rei, está a colaborar coa empresa de consultaría lingüística Loquendo (http://www.loquendo.com/it/index.htm) na elaboración dun transcritor fonético automático e doutras ferramentas para o procesamento de
-
A USC e Política Lingüística renovan a súa colaboración para dar continuidade ao labor investigador do ILG
06/06/10A USC e a secretaría xeral de Política Lingüística acaban de dar continuidade ao convenio de colaboración que, de xeito ininterrompido dende o ano 1994, apoia o labor investigador desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega da institución académica compostelá (ILG).
-
O profesor Carlos Alberto Faraco impartiu unha conferencia no ILG sobre a situación lingüística do Brasil
06/06/10O profesor Carlos Alberto Faraco, da Universidade Federal do Paraná, impartiu este mércores unha conferencia sobre as caras lingüísticas do Brasil, convidado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.Faraco é especialista en lingüística aplicada, ensino de linguas e análise do discurso.