Activismo, ideoloxías lingüísticas e identidade cultural da diáspora galega en Londres

Data: 
Viernes, Junio 8, 2018 - 13:00
Imaxe: 

O venres 8 de xuño ás 13.00 h, na Sala de Conferencias do Instituto da Lingua Galega, o investigador Alejandro Dayán-Fernández (Heriot-Watt University) pronunciou a comunicación "Activismo, ideoloxías lingüísticas e identidade cultural da diáspora galega en Londres na contemporaneidade".

No seu relatorio Dayán-Fernández presentou un proxecto de doutoramento que vén encher un baleiro no estudo de comunidades minorizadas e cun legado histórico de emigración que se asentan en países hexemónicos por razóns económicas, en espazos urbanos de superdiversidade (Vertovec 2007 and 2009, Blommaert et al. 2016), e establecen certas dinámicas lingüísticas, culturais e de identidade.