XVI Forum for Iberian Studies
Data:
Martes, Marzo 18, 2014 - 13:45
Entre o 20 e o 21 de marzo celebrarase na Universidade de Oxford o XVI Forum for Iberian Studies: Cultural and linguistic diversity in the Iberian Peninsula.
Neste encontro participarán investigadores do ILG:
- Noemi Basanta Llanes: "Identity trouble: do xénero á performance"
- María Beatriz Domínguez Oroña: "Unha aproximación á autotradución de textos literarios en Galicia"
- Ana García García: "A aprendizaxe da lingua propia como lingua estranxeira: o caso de persoas adultas galegofalantes"
- Irene Santos Raña e Soraya Suárez Quintas: "Identidade e prescrición dialectal na fronteira galego-portuguesa. Xuízos valorativos desde a perspectiva xeográfica"
- Raquel Vila Amado: "Malmurar desde o nó da gorxa. Etimoloxías populares no ALGa V"