Ferramenta de análise cuantitativa Diatech

Data inicio: 
Jueves, Diciembre 12, 2013 - 12:30
Poster: 
Descrición: 

O día 12 de decembro ás 12:30 horas no Salón de graos da Facultade de Filoloxía o profesor da Universidade do País Vasco (EHU) Gotzon Aurrekoetxea presentará a ferramenta de análise cuantitativa de datos dialectais Diatech  (http://eudia.ehu.es/diatech/index/). Este instrumento web permite a análise estatística e a visualización en mapas e gráficos de información xeolingüística.

A presentación complementarase cunha sesión práctica que se desenvolverá o día 12 ás 16 horas na aula de informática de docencia da Facultade de Filoloxía (USC). O persoal docente e investigador interesado en asistir á sesión práctica debe inscribirse enviando un correo electrónico ó enderezo: ilgsec@usc.es. Número máximo de asistentes para a sesión práctica: 18 persoas.

Esta actividade está organizada por:

  • Seminario permanente de análise e visualización de datos lingüísticos (ILG)
  • Grupo de investigación EUDIA (Universidade do País Vasco)
  • Grupo de investigación Filoloxía e lingüística galega (GI-1743, USC)