Curso de verán "Tecnoloxías da Linguaxe: as linguas na sociedade e economía dixitais"

Data inicio: 
Martes, Julio 12, 2022 - 09:00
Poster: 
Descrición: 

O Proxecto Nós, integrado pola Xunta de Galicia, o ILG e o CiTIUS, organiza o curso de verán titulado Tecnoloxías da Linguaxe: as linguas na sociedade e economía dixitais co obxectivo de divulgar as múltiples oportunidades que ofrecen as tecnoloxías da linguaxe. Este terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela entre o 12 e o 15 de xullo.

O curso pretende dar unha visión global e accesible dos retos e oportunidades que ofrecen a intelixencia artificial e as tecnoloxías da linguaxe natural para a creación de aplicacións e servizos de uso cotiá baseados nas linguas, como son, os sistemas de tradución automática ou os asistentes virtuais, entre outros. Presentaranse algúns dos fundamentos científicos destas áreas xunto coas bases tecnolóxicas das aplicacións e os recursos que lles dan valor. As presentacións faranse de forma accesible, atractiva e tamén práctica a través dun conxunto de charlas, mesas redondas e talleres, onde tamén se mostrarán algunhas das iniciativas existentes en diversos ámbitos (gobernamental, académico, empresarial etc.).

Esta actividade está dirixida a todo o público en xeral, e especialmente a persoas interesadas nas aplicacións e servizos da intelixencia artificial e as tecnoloxías da linguaxe. De forma non exclusiva, estudantes de secundaria, universitarias/os (dos eidos tecnolóxicos, humanísticos e ciencias sociais) e persoas que na súa actividade profesional utilizan ferramentas baseadas nas tecnoloxías da linguaxe.