Curso de verán. Xeografía lingüística ibérica: traballos e métodos

Data inicio: 
Wednesday, July 18, 2007 - 09:00
Lugar: 
Facultade de Filoloxía (Avda. de Castelao) e Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos)
Poster: 
Descrición: 

A xeografía lingüística é unha disciplina dinámica que se nutre das novas técnicas e métodos e que resulta unha achega imprescindible para a análise da realidade lingüística e humana en ámbitos ben distintos como a recolla de vocabulario, estruturación do campo léxico, estudos de gramática sincrónica e diacrónica, análise etimolóxica ou na obtención de datos etnográficos, entre outros.

Este curso, organizado polo profesor Xulio Sousa, pretende achegar o mundo da xeografia lingiiística ó público non especialista, especialmente ós estudantes e ós novos graduados de titulacións lingiiísticas. A intención dos organizadores é facer unha presentación dos proxectos que se están a desenvolver no ámbito ibérico e tamén mostrar o aproveitamento que se pode obter do manexo de datas dialectais e da aplicación de novos métodos e perspectivas neste campo.

O curso de verán ten que ser un lugar cómodo en que se poidan intercambiar experiencias e no que se dea unha relación fluída entre o público e os conferenciantes, tanto dentro coma fóra da sala. Buscando esta finalidade, reservouse un número significativo de horas para o coloquio e o debate dentro das sesións científicas. As persoas que se inscriban no curso están convidadas a enviar preguntas, suxestións e observacións que axuden a enriquecer o debate e as exposicións.