Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL)

Descrición: 

O proxecto Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL) ten por obxectivo constituír un corpus de textos escritos en galego por estudantes que permita un mellor coñecemento dos procesos de composición escrita en lingua galega no ámbito académico.

O corpus estará conformado na súa primeira fase por 1000 redaccións elaboradas por estudantes de segundo de Bacharelato de Galicia no marco do exame de Lingua e Literatura Galegas da proba de Avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU). Un dos intereses do proxecto é o de mostrar as principais dificultades que ten o alumnado no momento de elaborar un texto escrito en galego no ámbito académico, tanto as relacionadas coa corrección lingüística como as vinculadas coa composición textual. Por tal motivo, as formas e secuencias que poñen de manifesto esas dificultades estarán convenientemente identificadas e anotadas para a súa recuperación a través de diferentes vías. Tamén se etiquetarán algúns recursos cohesivos co obxectivo de promover e facilitar as investigacións sobre gramática textual do galego. Por outro lado, o usuario poderá rastrexar o proceso compositivo do alumno ou da alumna, pois o recurso, que será de acceso libre a través da rede, permitirá visualizar non só a versión final que o/a estudante propón, senón tamén os engadidos ou correccións feitos por el ou por ela ao longo da composición do texto.

Imaxe: 
Execution date: 
2017 to 2019
Funded by: 
Convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria