Entre o 1 e o 4 de xullo desenvolverase o I Coloquio de Lingüística Histórica, que ten por obxectivos revisar e poñer ó día os avaces nos estudos de lingüística histórica e galega, presentar as experiencias investigadoras nos ámbitos lingüísticos próximos e reflexionar sobre a importancia da actualización dos coñecementos nesta disciplina. O curso vai dirixido a estudantes e profesores.
News
-
Iº Coloquio "Lingüística Histórica"
07/01/13 -
Investigadores do Instituto da Lingua Galega da USC coordinan un proxecto internacional para creación dun tesouro de léxico patrimonial
04/20/13O Instituto da Lingua Galega da USC colabora con centros de investigación de universidades portuguesas e brasileiras na creación dun tesouro léxico que permitirá obter información sobre o significado, uso e distribución xeográfica de voces patrimoniais de galego, portugués europeo e portugués do Brasil.
-
IV Encontro Wedisyn sobre variación sintáctica
04/18/13A rede de investigación en sintaxe dialectal Wedisyn (Dialect Syntax in Westmost Europe) celebrará o próximo encontro na Universidade de Santiago de Compostela os días 18 e 19 de abril de 2013.
-
Ernesto González, elixido novo director do Instituto da Lingua Galega da USC
03/26/13O catedrático Ernesto González Seoane dirixirá o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago (ILG), segundo se acordou este luns na reunión da xunta de goberno do Padroado deste centro de investigación que presidiu o reitor Juan Casares. González substitúe no cargo á profesora Rosario Álvarez.
-
Investigadores do ILG publican nun monográfico da revista Dialectología as súas achegas respecto do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica
03/11/13Investigadores do Instituto da Lingua Galega da USC publican no último número especial da revista Dialectología catro achegas respecto do tema central deste volume monográfico correspondente ao ano 2012 que se dedica ao Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI).
-
Comunicado
02/28/13Comunicado do ILG sobre as declaracións do secretario da RAG ó xornal La Voz de Galicia o 25 de febreiro de 2013
-
Simposio Metodoloxía para o estudo perceptivo da variación prosódica dialectal
01/17/13Estas xornadas agrupan unha serie de actividades diferentes, encamiñadas a fornecer unha visión multidisciplinar dos estudos de dialectoloxía perceptiva. Os obxectivos son:
• Discutir aspectos metodolóxicos relativos á análise perceptiva en xeral e á confección dos tests perceptivos en particular.
-
Conmemoran en Filoloxía o 30º aniversario das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego
12/12/12En 2012 cúmprense trinta anos da publicación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG) elaboradas por unha comisión mixta do Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) e a Real Academia Galega. -
Simposio ILG 2012 - Un galego común, fiel a si mesmo
12/11/12O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela organiza desde o ano 2001 simposios dedicados a temas específicos de interese para a nosa comunidade científica.
-
A investigadora Charlotte Galves ofrece este martes na USC un seminario sobre o Corpus Histórico do Portugués Tycho Brahe
10/30/12A investigadora Charlotte Galves, de orixe francés pero afincada dende hai anos no Brasil, ofrecerá na tarde deste martes no Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC un seminario sobre o Corpus Histórico do Portugués Tycho Brahe.