XXV Encontros para a Normalización Lingüística

Data: 
Tuesday, October 17, 2023 - 09:45
Imaxe: 

O 17 de outubro teñen lugar no Consello da Cultura Galega os XXV Encontros para a Normalización Lingüística, que poñen nesta ocasión o foco no ámbito socioeconómico. O investigador do ILG Miguel Guisantes Alonso falará, ás 10:00 h, sobre a "Situación da lingua galega no sector económico. Descrición panorámica do uso do galego nos sectores recollidos no PDLG no tecido económico".

Esta XXV edición ofrece presentacións de experiencias e iniciativas normalizadoras deseñadas por profesionais e entidades do ámbito público e privado. Terase ocasión de comprobar, nas voces dos e das protagonistas, como unha actividade empresarial que valora a proximidade e a sustentabilidade atopa no uso do galego un elemento potenciador de seu. Tamén se poderá dialogar con empresas que, pola súa actividade e a súa relación de servizo con outras, se converten en amplificadoras do uso da lingua. Dende outra perspectiva, falarase dos dereitos dos usuarios/as e os consumidores/as: cales son estes, cal o estado actual do seu cumprimento e como actuar para facelos efectivos.