Visita ao ILG da alumna galego-bretoa Lena Testa

Data: 
Monday, January 12, 2026 - 19:30
Imaxe: 

A alumna galego-francesa Lena Testa Flaux, estudante da ESO que vive na Bretaña, visitou o ILG durante varios días no mes de xaneiro. En Francia, o alumnado da ESO ten que visitar unha empresa ou institución durante uns días para entrar en contacto co mundo laboral e poder validar deste xeito o curso.

Testa escolleu o noso centro por ser unha institución que axuda a preservar a lingua galega, xa que considera que é unha riqueza que non hai que perder, polo que lle pareceu lóxico elixir o ILG para a súa estadía.

Ademais, por tras da súa visita tamén hai un motivo sentimental, xa que o seu pai, Balbino Testa, traballou varios anos no noso centro e a súa nai foi alumna do curso de galego para persoas de fóra de Galicia. Lena explicounos que sentiu a necesidade de vir aquí e de facer o que lle pedía o corazón.

Durante a súa estadía, puido coñecer os diferentes traballos e proxectos que se levan a cabo no ILG, o persoal e o que se fai para manter vivo o galego.