VIII Xornada de Onomástica Galega

Data: 
Saturday, October 21, 2023 - 10:00
Imaxe: 

A VIII Xornada de Onomástica Galega. A onomástica e a cultura popular, coordinada por Ana Boullón e Luz Méndez, investigadoras do ILG e membros do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, terá lugar o vindeiro 21 de outubro no Museo de Pontevedra. Prestaráselle nesta ocasión atención especial á presenza da toponimia e da antroponimia no cancioneiro, aínda que tamén se terán en conta outros xéneros. Coma sempre, haberá ademais tempo para coñecer experiencias desde o mundo educativo relacionadas co tema da xornada.

Para asistir é necesario formalizar a inscrición enviando un correo electrónico antes do 18 de outubro a publicacions@academia.gal no que figuren os seguintes datos: nome e apelidos, DNI e teléfono.