V Congresso Internacional SEEPLU
Data:
Thursday, November 9, 2017 - 18:15
Imaxe:
Do 9 ao 10 de novembro celebrouse na Universidad de Extremadura o V Congresso Internacional da Sociedad Extremeña de Estudios Portugueses y de la Lusofonía (SEEPLU).
A investigadora do ILG Elisa Fernández Rei foi convidada a este encontro. Na súa conferencia, "Tecnoloxías para o estudo da prosodia do galego", Fernández Rei presentou algunhas das tecnoloxías desenvolvidas no Instituto da Lingua Galega que se deseñaron para o estudo do galego, pero que están sendo utilizadas tamén para o estudo doutras linguas, e prestou especial atenció a AMPER Galicia, FOLERPA e SEA-Ap.