A tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Rufo

Data: 
Wednesday, February 12, 2014 - 12:00
Imaxe: 

Hoxe, mércores 12 de febreiro, tivo lugar a presentación do libro A tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Rufo, en edición de Gerardo Pérez Barcala.

Este libro ten como obxecto establecer o texto do De medicina equorum, un tratado de veterinaria do século XV, nunha edición que opta pola súa regularización gráfica e se axuda doutros elementos da tradición do tratado co fin de corrixir algunhas das probables deficiencias que o testemuño presenta. Ademais, este volume pretende resaltar tamén a extraordinaria riqueza léxica dun texto que, pola súa complexidade e singularidade, ocupa un lugar destacado (e único) no conxunto da prosa medieval galega.

No acto interviron Antón Santamarina, catedrático de Filoloxía e director da colección Biblioteca Filolóxica Galega, editada pola Fundación Barrié; Gerardo Pérez Barcala, autor da obra, e Ernesto González Seoane, director do ILG.