Soraya Suárez Quintas, na School of English
O mércores 30 de novembro, a investigadora predoutoral do ILG Soraya Suárez Quintas presentou na School of English (University of Sheffield) o seu proxecto de tese. A investigadora comezou explicando brevemente a situación sociolingüística de Galicia para despois presentar os obxectivos, a metodoloxía e os principais puntos de interese da análise que realizou ata o momento. A comunicación, "Perceptual Dialectology in Galicia: speakers and dialects", tivo lugar ás 12 h na Seminar Room 5 do edificio Jessop West.
Soraya Suárez Quintas é beneficiaria do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié, un dos Programas de Bolsas de Excelencia máis destacado a nivel nacional e internacional, e realiza a súa estadía de investigación na Universidade de Sheffield (Reino Unido) baixo a supervisión do profesor Chris Montgomery.