Soraya Suárez Quintas, no Cañada Blanch

Data: 
Friday, November 11, 2016 - 16:45
Imaxe: 

A investigadora predoutoral do ILG Soraya Suárez Quintas visitou o venres 11 de novembro o Instituto Español Vicente Cañada Blanch, en Londres (Reino Unido), aproveitando a súa estadía de investigación na University of Sheffield.

Soraya Suárez Quintas, que foi seleccionada pola Fundación Barrié para realizar unha estadía de investigación, acudiu a unha clase de galego de 1º da ESO para ofrecer unha charla sobre o Entroido en Xinzo de Limia, titulada "Entroido de Xinzo: un sentimento".