Presentación do Atlas Linguístico do Brasil

Data: 
Thursday, October 16, 2014 - 01:00
Imaxe: 

Atlas Linguístico do Brasil (ALiB) foi presentado no III Congresso Internacional de Dialectologia e Sociolinguística (III CIDS), celebrado en Londrina entre o 7 e o 10 de outubro.

Esta publicación, que pretende reflectir o carácter multidialectal do Brasil, ten entre os seus obxectivos describir a realidade lingüística do portugués falado no Brasil, establecer isoglosas para trazar a división dialectal e contribuír á comprensión da lingua portuguesa no Brasil como un instrumento social de comunicación diversificado, posuidor de varias normas de uso pero dotado dunha unidade sistémica.

Na elaboración do ALiB son salientables os seguintes datos numéricos: 250 localidades visitadas, 1100 informantes documentados, 257 851 quilómetros percorridos e 3500 horas de gravacións. Ademais da representación xeolingüística dos datos obtidos, este atlas ofrece estudos interpretativos sobre algúns dos aspectos cartografados.

A Editora da Universidade Estadual de Londrina (EDUEL) encargouse de publicar os dous primeiros volumes do ALiB: Volume 1 - Introdução e Volume 2 - Cartas Linguísticas 1.