O proxecto "Toponimia de Galicia e Portugal" publica novos topónimos
Data:
Friday, November 17, 2023 - 16:15
Imaxe:
O subproxecto Toponimia de Galicia e Portugal do proxecto coordinado Toponomasticon Hispaniae, dos que é investigadora principal Ana Isabel Boullón Agrelo, acaba de facer públicos na súa páxina web novos topónimos.
Antas de Ulla, Barreiros, Barro, Cedeira, Lourenzá, Moeche, Pedrafrita do Cebreiro, Sanxenxo, Triacastela, Val do Dubra, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo son algúns dos novos topónimos para os que se ofrece información sobre a etimoloxía, aspectos históricos, cartográficos, demográficos, xentilicios, apelidos a que deron lugar etc.