O Proxecto Nós lanza a campaña Doa a túa voz

Data: 
Thursday, February 1, 2024 - 16:15
Imaxe: 

O Proxecto Nós, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (Consellería de Cultura e Educación) e a  Universidade de Santiago de Compostela a través do Instituto da Lingua Galega e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), lanzou unha campaña de doazón de voz para recoller as variedades fonéticas e dialectais de Galicia co obxectivo de afianzar a plena presenza activa do galego no ámbito das novas ferramentas de Intelixencia Artificial. O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas.

As contribucións poden facerse de xeito telemático a través do novo espazo web doagalego.nos.gal creado para esta iniciativa, en que está integrado a ferramenta Common Voice, a aplicación de referencia a nivel mundial para a recolla de voces para o seu uso en materia de tecnoloxías lingüísticas. Desde o proxecto convídase a todas as persoas a participar e a doar a súa voz.