"O idioma galego baixo o franquismo", novo libro de Henrique Monteagudo

Data: 
Monday, January 24, 2022 - 13:30
Imaxe: 

O investigador do ILG Henrique Monteagudo acaba de publicar o libro O idioma galego baixo o franquismo, editado por Galaxia, que ofrece unha aproximación de conxunto ao período franquista. Nesta obra analiza a política lingüística represiva da ditadura, consistente na imposición coactiva do castelán e na marxinación sistemática do galego, e atende ás dinámicas sociais que abocaron a un proceso de substitución masiva da nosa lingua. O seu foco sitúase na resistencia político-cultural galeguista, nomeadamente na súa estratexia dirixida a constituír un sistema cultural autónomo, co idioma galego como elemento definidor. Monteagudo analiza os avances acadados no estudo, cultivo e elaboración do galego e os debates públicos que se desenvolveron ao redor de todas estas cuestións.