Incorporación do galego ao Diccionario multilingüe de fonética y fonología

Data: 
Monday, February 14, 2022 - 13:30
Imaxe: 

O Diccionario multilingüe de fonética y fonología, dirixido por Antonio Pamies Bertrán, incorpora a lingua galega na súa cuarta versión. A reponsable das correspondencias ao galego é a investigadora do ILG Elisa Fernández Rei.

Este glosario é a ampliación dun antigo opúsculo titulado Guía Básica de Fonética y Fonología (Pamies & Káloustova 2002), un material didáctico e divulgativo, orixinalmente con cinco linguas, creado para estudantes de filoloxía e de tradución e profesores non especialistas. As reedicións seguintes foron incorporando máis linguas ao mesmo tempo que se corrixían algunhas imprecisións. Esta versión, Dicofon 4, incorpora seis linguas novas con respecto á anterior e chega a un total de 22 (alemán, árabe, asturiano, catalán, checo, chinés, coreano, español, euskera, francés, galego, georgiano, húngaro, inglés, italiano, xaponés, portugués, romanés, ruso, serbio, turco e ucraíno), así como unha adaptación inglesa das definicións.