ICLaVE 9

Entre o 6 e o 9 de xuño celebrouse en Málaga a novena edición do congreso internacional ICLaVE (International Conference on Language Variation in Europe), o máis importante congreso que se celebra en Europa sobre variación lingüística.
Neste encontro participou o seguinte persoal investigador do ILG:
- 
Irene Santos Raña: "Sociolinguistic evaluations and dialectal identifications about varieties in contact with Galician dialects"
 - 
Rosario Álvarez: "Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués ['The Galician and Portuguese Word Bank']: characteristics, methodology, applications and uses"
 - 
Soraya Suárez Quintas: "Perceptual dialectology: factors influencing geographical perceptions in Galician language"
 - 
Xulio Sousa: "Measuring language contact in geographical space"
 
                  



