Fonoteca do Atlas Lingüístico do Pará

Data: 
Monday, December 10, 2018 - 14:15
Imaxe: 

Investigadores e investigadoras da Universidade do Pará (Brasil) poñen a disposición do público a fonoteca do Atlas Lingüístico do Pará.

Nesta fonoteca ofrécense 345 gravacións correspondentes a oito localidades do estado do Pará organizadas por idade, sexo e escolaridade. Na páxina http://geosociolin.com/ poden encontrarse o texto e e os audios.

O equipo de traballo está dirixido por Abdelhak Razky, que tamén participa, canda outros membros do equipo investigador da fonoteca, no Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués coordinado desde o Instituto da Lingua Galega.