Dous contratos de investigación no ILG

Data: 
Wednesday, May 24, 2023 - 00:00

Na Convocatoria Pública Ordinaria 5/2023 convócanse dous contratos a tempo parcial para traballar no ILG durante seis meses. Un é de investigador/a colaborador/a para levar a cabo a introdución e revisión de información na base de datos do "Atlas Lingüístico Galego" e o outro é de técnico/a especialista de investigación para a administración de sistemas e soporte a usuarias/os.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 24 de maio ás 23:59 h.