Defensa da tese de doutoramento de Gonzalo Hermo
Data:
Tuesday, May 2, 2017 - 17:00
O martes 2 de maio ás 17 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía tivo lugar o acto de defensa da tese de doutoramento de Gonzalo Hermo González, investigador do Instituto da Lingua Galega.
A tese leva por título O Tombo de tenzas primeiro (ACS CF 17) (1352-1412): estudo completo e edición das vinte e cinco primeiras tenzas, con especial atención ao elemento onomástico, e realizouse baixo a dirección da profesora Ana Isabel Boullón Agrelo.