Convocatoria pública de contratación de persoal

Data: 
Wednesday, March 5, 2014 - 13:00
Imaxe: 

Convocatoria pública 3/2014 de contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).

 

PROXECTO

  • Traballo a realizar: Revisión e clasificación de datos para a realización dunha análise dialectométrica da información do Atlas Lingüístico Galego
  • Referencia da actividade: 2013-PG069
  • Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega
  • Investigador responsable: Xulio César Sousa Fernández
  • Número de prazas: 1

CONDICIÓNS DO CONTRATO

  • Retribución bruta mensual: 825,00 €
  • Duración do contrato: 9 meses
  • Data inicio prevista: 01/04/2014
  • Data fin prevista: 31/12/2014
  • Xornada laboral: tempo parcial

REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS

REQUISITOS: Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Grao en Lingua e Literaturas Galegas.
Corrixido o erro de acordo co texto da convocatoria oficial. Polo tanto, non poderán presentarse solicitudes de persoas con outras titulacións distintas das indicadas na convocatoria oficial.

MÉRITOS: expediente académico (40 %), experiencia en análise dialectométrica de datos (30%), publicacións relacionadas coa investigación dialectal (30%)

***************************************************************************************

PROXECTO

  • Traballo a realizar: Mantemento e ampliación do Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega
  • Referencia da actividade: 2013-PG069
  • Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega
  • Investigador responsable: Xosé Luís Regueira Fernández
  • Número de prazas: 1

CONDICIÓNS DO CONTRATO

  • Retribución bruta mensual: 825,00
  • Duración do contrato: 9 meses e 15 días
  • Data inicio prevista: 15/03/2014
  • Data fin prevista: 31/12/2014
  • Xornada laboral: tempo parcial

REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS

REQUISITOS: Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Filoloxía Románica ou Grao en Lingua e Literaturas Galegas

MÉRITOS: expediente académico (60 %), título de máster de peril investigador (10%), experiencia en traballo con córpora orais (10%), coñecemento e experiencia de traballo coas programas Praat e Elan (10%), entrevista persoal (10%)

***************************************************************************************

PROXECTO

  • Traballo a realizar: Revisión da base de datos do volume a redactar do Atlas Lingüístico Galego, elaboración, revisión e corrección de mapas, lendas e notas, corrección de probas de imprenta do volume
  • Referencia da actividade: 2013-PG069
  • Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega
  • Investigador responsable: Francisco Fernández Rei
  • Número de prazas: 1

CONDICIÓNS DO CONTRATO

  • Retribución bruta mensual: 825,00 €
  • Duración do contrato: 8 meses e 15 días
  • Data inicio prevista: 15/04/2014
  • Data fin prevista: 31/12/2014
  • Xornada laboral: tempo parcial

REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS

REQUISITOS: Licenciatura en Filoloxía Galega, Licenciatura en Filoloxía Románica, ou Grao en Lingua e Literatura Galegas

MÉRITOS: expediente académico (licenciatura ou grao) (70%), investigación en dialectoloxía galega (20%), entrevista persoal os candidatos que acaden as tres mellores puntuacións (10%)