Congreso Internacional Identidade e Xénero en Galicia
Do 9 ao 11 de maio tivo lugar na Universidade de Varsovia (Polonia) o Congreso Internacional Identidade e Xénero en Galicia, organizado polo Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade de Varsovia e o Centro de Estudos Galegos de Varsovia. O profesor e membro do ILG Henrique Monteagudo formou parte do comité científico do congreso.
Neste encontro participaron as seguintes investigadoras do ILG:
-
Alba Aguete Cajiao: "'A miña lingua materna, en principio, era o castelán.' Revisión crítica das categorías de falantes en galego"
-
Elisa Fernández Rei: "Lingua e identidade: paleofalantes vs. neofalantes"
-
Noemi Basanta Llanes: "Que máis tería que fósemos ó folión?: resignificación social e emerxencia discursiva de identidades femininas"