Conferencia de Unai Lauzirika

Data: 
Monday, July 15, 2019 - 13:00
Imaxe: 

O luns día 15 ás 13.00, Unai Lauzirika, da Universidade de Leipzig, ofreceu unha charla na Sala de Conferencias do ILG, titulada "Análise do impacto da ensinanza de linguas minorizadas no estranxeiro e o seu encadramento na política lingüística. O caso vasco".

Este é o seu resumo:
Nesta sesión presentarei o proxecto de tese que estou a desenvolver entre as universidades de Leipzig e a UPV-EHU. Explicarei brevemente a teorización básica da que parto, o esquema da periodización do ensino de euskera no estranxeiro e o sistema do indicadores que quero montar para obter datos cuantitativos e cualitativos que reflictan a situación dos estudos vascos no estranxeiro.