Chamada para o envío de contribucións a ELG

Data: 
Thursday, October 29, 2020 - 09:45
Imaxe: 

A revista Estudos de Lingüística Galega fai unha chamada para o envío de contribucións que serán publicadas no número de 2021. O prazo para a recepción de traballos remata o 15 de xaneiro de 2021.

Os artigos que se propoñan para publicar en Estudos de Lingüística Galega teñen que ser orixinais. As propostas recibidas  serán examinados de forma anónima por avaliadores externos.

Estudos de Lingüística Galega conta co selo de calidade FECYT e está indexada nos índices máis recoñecidos do ámbito das humanidades.