Aberto o prazo para participar no programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
Data:
Friday, September 27, 2019 - 10:00
Imaxe:
Do 25 de setembro ao 16 de outubro está aberto o prazo para que os centros escolares soliciten a súa participación no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no ano lectivo 2019/2020.
O Instituto da Lingua Galega participa co programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, que ten como obxectivo fundamental promover entre o alumnado a documentación e análise dun corpus de material léxico vinculado con actividades da cultura patrimonial. Toda a información sobre este pode ser consultada no blog http://ilg.usc.gal/PaLeGa.