Nova versión do Dicionario de pronuncia

Data: 
Wednesday, October 23, 2013 - 01:30
Imaxe: 

O día 23 de outubro terá lugar a presentación da nova versión do Dicionario de pronuncia da lingua galega ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome.

No acto intervirán o reitor Juan Casares; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director do Instituto da Lingua Galega, Ernesto González Seoane; e o profesor Xosé L. Regueira, director do equipo encargado do desenvolvemento deste dicionario.