Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega (CORILGA)

Main researcher: 
Team members: 
Descrición: 

Este proxecto ten como obxectivo a elaboración e posta en rede dun corpus oral con transcricións ortográfica e fonética, aliñadas co arquivo de voz e anotadas en diferentes niveis (fonético, gramatical, textual, temático).

O corpus contará con gravacións da lingua falada en diferentes niveis e rexistros (lingua rural, lingua urbana, lingua formal, lingua dos medios de comunicación), mulleres e homes de diferentes xeracións, e mesmo diferentes cortes temporais (desde gravacións dos anos 1960 ata gravacións actuais), así como diferentes modalidades de discurso (conversa, monólogo, entrevista, conferencia, etc.).

A finalidade deste corpus será a de servir como base para a realización de estudos lingüísticos de diferentes disciplinas (desde fonética e gramática ata análise do discurso), así como o estudo da variación lingüística en Galicia e tamén, tendo en conta que contará con gravacións desde os anos 1960 ata hoxe, do cambio lingüístico no galego contemporáneo.

Imaxe: 
Execution date: 
2012
Funded by: 
Proxecto financiado parcialmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)