DOA. Dialectoloxía cidadá

Descrición: 

DOA é un proxecto de ciencia cidadá que ten como obxectivo recadar e difundir coñecemento sobre a diversidade do galego falado actual. O proxecto procura a participación activa do público para que proporcione información, documente exemplos, achegue información de uso e de xeito xeral colabore no mellor coñecemento do galego. DOA enmárcase no conxunto de accións de investigación desenvolvidas en variación lingüística no ILG da Universidade de Santiago. 

DOA é unha palabra moi pequena, pero grande no seu significado. Apela á contribución dos falantes, que se converten en doadores, e tamén á colaboración individual nunha obra colectiva, coma as doas que se enfían para conformar un abelorio. Os resultados das campañas de enquisas do proxecto ofreceranse na páxina web de DOA e iranse incorporando a outros proxectos de documentación léxica do ILG. 

Imaxe: 
Execution date: 
2020
Funded by: 
- Proxecto cofinanciado ao 75% na 1ª convocatoria do programa operativo INTERREG V A España Portugal (POCTEP) 2014-2020 a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea. Código: 0358_ GEOAPARD_1_E
- IDEGA (Convenio Accións I+D, Xunta de Galicia 2019‐2020)