Simposio ILG 2014: A lingua galega no solpor da Idade Media

Data de inicio: 
Tuesday, November 18, 2014 - 13:00

Con este simposio, A lingua galega no solpor da Idade Media, o ILG propón unha reflexión sobre o ocaso do cultivo escrito do noso idioma ao final do Medievo. Nas dúas primeiras xornadas trazaranse os perfís do contexto histórico e sociolingüístico en que este proceso se produciu, prestando atención ás dinámicas sociais e políticas da Galicia da época e tamén ás diversas situacións en que daquela se encontraban o castelán, o portugués, o asturiano e o catalán. As outras tres xornadas dedicaranse especificamente á lingua galega tardomedieval, quer para analizar os seus declinantes usos escritos, literarios e non literarios, quer para presentar algúns dos cambios internos en que daquela estaba inmersa.

Poster: 

Sección