LaTeX é un sistema sofisticado para a preparación de documentos que separa os labores de introdución do contido e de formatado do texto. Ofrece uniformidade de estilo, soporte bibliográfico, seguimento de referencias e grandes capacidades para a estruturación de documentos complexos. LaTeX axúdanos a centrarnos no contido e a non preocuparnos da presentación.
O obxectivo deste curso é ofrecer unha introdución ao sistema de composición de textos LaTeX. Sería de especial interese para persoas que estean a realizar a súa tese de doutoramento e/ou que traballen no ámbito da lingüística, mais pode servir de introdución
para calquera persoa que non coñeza LaTeX.
CONTIDOS
1. Introdución a LaTeX
1.1. Presentación: que (non) é LaTeX?
1.2. Principios básicos de LaTeX
1.3. A tese (ou libro) en LaTeX
2. Lingüística con LaTeX
2.1. Transcrición fonética
2.2. Árbores sintácticas
2.3. Exemplos enumerados e glosas
3. Bibliografía en LaTeX
3.1. Xestión da información bibliográfica
3.2. Referencias bibliográficas
3.3. O formato das citas