LaTeX é un sistema sofisticado para a preparación de documentos que separa os labores de introdución do contido e de formatado do texto. Ofrece uniformidade de estilo, soporte bibliográfico, seguimento de referencias e grandes capacidades para a estruturación de documentos complexos. LaTeX axúdanos a centrarnos no contido e a non preocuparnos da presentación.
O obxectivo deste curso é ofrecer unha introdución ao sistema de composición de textos LaTeX. Sería de especial interese para persoas que estean a realizar a súa tese de doutoramento e/ou que traballen no ámbito da lingüística, mais pode servir de introdución
para calquera persoa que non coñeza LaTeX.
CONTIDOS
1. Introdución a LaTeX
1.1. Presentación: que (non) é LaTeX?
1.2. Principios básicos de LaTeX
1.2.1. Tipos de comandos
1.2.2. Crear un documento
1.2.3. Opcións básicas de formatado
1.2.4. Figuras e táboas
1.3. A tese en LaTeX
1.3.1. O tipo de documento
1.3.2. Estrutura do documento: partes da tese e organización dos ficheiros
1.3.3. Cabeceiras e rodapés
1.3.4. Algúns paquetes útiles
2. LaTeX para lingüistas
2.1. Fontes fonéticas con TIPA
2.2. Árbores sintácticas con qtree
2.3. Exemplos enumerados e glosas con ExPex
3. Bibliografía en LaTeX
3.1. Xestión de información bibliográfica con BibTeX e Zotero
3.2. A introdución das referencias en LaTeX: o paquete biblatex
3.2.1. Opcións do paquete
3.2.2. Principais comandos
3.3. Citas con csquotes