Os dereitos sobre o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG) e sobre os programas informáticos asociados pertencen ao Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
1. Para acceder ao TMILG hai que subscribirse electronicamente mediante os formularios incluídos no apartado Xestión de usuarios. O usuario debe achegar, con escrupulosa veracidade, os datos requiridos. Prohíbese a cesión do nome de usuario ou do contrasinal a outras persoas.
2. Permítese a utilización dos materiais textuais do TMILG para fins de investigación, docentes e xerais. Queda explicitamente prohibido o uso con ánimo de lucro sen permiso expreso e por escrito. Para esta finalidade é preciso poñerse en contacto co equipo de investigación a fin de establecer unha fórmula de colaboración que faga viable a consulta (tmilg@usc.es).
3. O emprego do TMILG comporta a obriga de citalo convenientemente en calquera traballo ou publicación. A cita farase no apartado da Bibliografía e o seu formato será:
TMILG = Varela Barreiro, Xavier (dir.) (2004-): Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. [http://ilg.usc.es/tmilg]. [12-23/12/2007]:
- DM14: Leirós Fernández, Eladio (ed.) (1944): “Un documento de Monforte en el siglo XIV”, Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, 1, 10-1, pp. 283-92.
- HGPg: Maia, Clarinda de Azevedo (ed.) (1986): História do galego-português. Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XIII ao século XVI (Com referência à situação do galego moderno). Coimbra: I.N.I.C., pp. 41-245.
- TC: Lorenzo, Ramón (ed.) (1975, 1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Edición crítica anotada, con introducción, índice onomástico y glosario de ---. Tomo I: Introducción, texto anotado e índice onomástico; Tomo II: Glosario. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoó”.
- VFD: Ferro Couselo, Xesús (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
- ...
...
4. O usuario comprométese a remitirlle con prontitude ao TMILG copia impresa e/ou dixital de calquera publicación na que sexa empregado o corpus. O enderezo é:
5. No caso de emprego masivo dos textos do TMILG como material básico ou exclusivo en monografías e traballos de investigación de calquera tipo (lingüístico, literario, histórico...) é preciso acordar co equipo do TMILG unha fórmula de coautoría que reflicta a importancia que en traballos deste tipo reviste a fase de recolleita de datos textuais dos que parten a descrición, a análise e as deducións subsecuentes. En caso de non chegar a un acordo na fórmula, queda prohibida a utilización dos materiais.
6. O equipo do TMILG e o Instituto da Lingua Galega quedan libres de calquera responsabilidade polos danos ou prexuízos que poida ocasionar o uso do corpus. Tampouco se fan responsables das consecuencias que se poidan derivar dos erros que poidan conter os textos no seu asentamento ou na súa codificación.
7. Para poder empregar este corpus é preciso aceptar todas e cada unha das condicións expostas. O rexistro na base de usuarios leva implícita a aceptación das condicións.