Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués

Descrición: 

O proxecto Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués pretende integrar nun único banco de datos de acceso libre a través de internet materiais lexicográficos procedentes de traballos de léxico dialectal de galego, portugués de Portugal e portugués do Brasil. O obxectivo do proxecto é poñer estes materiais, moitos deles inéditos ou de difícil acceso, a disposición da comunidade científica.

O proxecto está coordinado desde o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela pola profesora Rosario Álvarez Blanco e nel participan investigadores galegos (ILG), portugueses (CLUL, CELGA) e brasileiros.

Imaxe: 
Fecha de ejecución: 
2007
Financiamiento: 
Axudas consolidación e estruturación de unidades de investigación do SUG, Secretaría Xeral Universidades, Consellería Educación (2007-2011) / AECID (2009) / FCT (Portugal), PTDC/CLE-LIN/102650/2008 (2010-2012) / MICINN (España), FFI2009-12110 (2010-2012)