TECNOLOXÍAS E ANÁLISE DOS DATOS LINGÜÍSTICOS

Ver búsqueda de navegación

Navegación

Buscar

Inicio

Información das Xornadas de Dialectoloxía Perceptiva

Estas xornadas que presentamos agrupan unha serie de actividades diferentes, encamiñadas a fornecer unha visión multidisciplinar dos estudos de dialectoloxía perceptiva. Os obxectivos son:

 

• Discutir aspectos metodolóxicos relativos á análise perceptiva en xeral e á confección dos tests perceptivos en particular.

• Estudar vías para o confrontamento e o estudo conxunto dos resultados obtidos a partir das análises cuantitativas e das investigacións perceptivas que se están desenvolvendo na actualidade no campo da dialectoloxía.

• Debater métodos para a análise dos datos obtidos nos traballos perceptivos, así como examinar as posibilidades que nos ofrecen outras disciplinas para a visualización dos resultados.

• Situar os estudos perceptivos existentes no ámbito da prosodia dialectal nunha perspectiva máis ampla e abranxente, de xeito que poidamos propoñer novas liñas de investigación que contribúan ao avance da dialectoloxía perceptiva.

• Propoñer o desenvolvemento de ferramentas e aplicacións que faciliten a investigación no ámbito da dialectoloxía perceptiva.

Actividades
1. Simposio Estudos perceptivos e prosodia dialectal: metodoloxía, análise e vías de desenvolvemento
2. Seminarios

1) Análises cuantitativas dos datos prosódicos
2) Estudos perceptivos de variación prosódica


3. Cursos de formación
4. Taller Recursos para o estudo perceptivo da variación dialectal
  1. Lugar de celebración
  2. Cómo chegar