A gravación foi realizada no Estudio 5 da Radio Galega. Técnico de son: Pablo Barreiro (2011), Toño Vázquez (2013).
A realización desta aplicación contou co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, así como coa colaboración da Radio Galega.
Queremos expresarlles o noso agradecemento a todas as persoas e institucións que fixeron posible a realización deste proxecto.
Ademais dos recoñecementos expresados na nota 2 da p. 9 da "Introdución", na ampliación efectuada en 2013 queremos agradecer a colaboración de todas aquelas persoas que, coa súa axuda desinteresada, a fixeron posible.
A Vicente Feijoo Ares, Ana Isabel Boullón e Xulio Sousa, que puxeron á nosa disposición as súas bases de nomes propios e nos axudaron ao longo de todo o proceso.
A Ana García, Lidia López Teixeiro, Adela Martínez, Gonzalo Hermo, Samuel Pazos, Sonia Gómez, Eduardo Louredo, Rosa Mouzo, Carolina Pérez, Raquel Vila, Lucía Doval, Ernesto González, Fátima R. Ruibal, Pilar Lago, Soraya Suárez, Irene Santos, Sandra Vázquez, Roberto Rodríguez Páramo, Delfín Basanta, Fe Cartea Novo, Xosé Manuel Pérez Sardiña, Bieito Silva, Carmela López Taboada, Manuel Rico, Francisco Castiñeira, Antón Lado, Luísa Vázquez, Valentina Formoso, Alicia Padín, Beatriz Fernández, Antón Dobao, Concha Diéguez e Benigno Fernández Salgado, Darío Xohán Cabana, Xosé Manuel Sánchez, Carlos Pereira, Xosé Martínez, Alfonso Toimil, Elisa Fernández Rei, Helena Pousa, Socorro García Conde, Mónica Baleirón, Sandra Beis, Rocío Barreiro, César Fernández, Miro Villar, Xermán García, Xosé Manuel Dopazo, Eduardo Moscoso, @albixoi, Sara Filgueira, Claudia Mariño, Guillermo Vidal, Santiago Serantes, Ana Otero, Cristina Quinteiro, Anxos Sobriño, Belén Bouzas, Xosé Manuel Salgado, Francisco Fernández Rei, Juan Blanco, Xosé Luís Couceiro, Laura Sousa, Antón Santamarina, Rosa Arias, Marisa Fernández, Carmen Villarino, Raquel Parada, Henrique Costas, Luísa Vázquez, Ana Escourido, Carme Hermida, Francisco Cidrás, Beatriz Domínguez, Xosé Antonio Méndez, Luz Varela, Vanessa Velo, Nerea Álvarez, Borxa Logares, Xosé Antón Palacio, Mariña Arbor, Gaspar Somoza, Andrés Couñago, Xosé María Lema, Paco Rivas, Naír García, Marcos García, Júlio Diéguez, Luísa Diéguez, Aquilino Alonso, Montse Arza, Manuel González, Iria Trasbach, Belén López, Elvira Fidalgo, Xosé Luís Vázquez, Pegerto Saavedra, Xaquín Cebeiro e Maricarme García, que contestaron enquisas e resolveron moitas das nosas dúbidas.
Aos equipos de normalización lingüística dos concellos de Pontevedra, Lugo, Rois, Abegondo, Ribeira, Santiago de Compostela, Ferrol e As Pontes, e aos departamentos de cultura dos concellos de Redondela e de Culleredo, que responderon con dilixencia as nosas preguntas e nos facilitaron novos contactos para obter a información que precisabamos.
Ás funcionarias e funcionarios de numerosos concellos, e ás persoas de toda Galicia que amable e pacientemente atenderon as nosas chamadas.
Ao profesor Shigenobu Kawakami, quen coa súa curiosidade estimulou a ampliación e mellora deste dicionario.
A Paulino Novo polo seu decidido e constante apoio a este proxecto, decisivo para a gravación deste dicionario.
© 2024 Instituto da Lingua Galega - USC
ISSN: 2660 - 8235