GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND060

Décimas contra Diego Cernadas

TítuloDécimas contra Diego Cernadas
AutorAnónimo
Fecha originaria1770ca
EdiciónFernández Salgado, Xosé Antonio /

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Zinquenta, que lle dan a Dn. Diego Zernadas cura de San Martin de Fruime, porque rabuñou a certo caualeiro co as Uñas dos seus Pes: apreixanllas ben, para que non rasque a outro. E si o fai daranlle dozentas.

Décimas

Cernadas voluete Lucas apartate de obras Loucas, que din que con voces roucas no Mes de Frebeiro cucas. as Bubelas que enuaiucas tente por un gran Cucon, e fanche a panza Cuncon donde metes con descoco Cocos, que cocas do Coco con Cocos de gran Cocon. Chegaron â declarar sendo contra ti nun todo que nunca viron tal modo como ô que tes de Ladrar uns din que eres Can dò/mar outros, Mastin de Pallares, outros que para os ĉasares eres peor que os Lebreles. e a todos os teus papeles chamanlle os Caniculares. Eu chamoche Can; por què jcon voces moi desacordes me ladras a min, e mordes, e me rabuñas cô ô pe do teu verso ê Razon xa que cos pes me Rabuñas, e sin causa a pruma empuñas contra min, dandome fallo que para oir teñas Callo pois para escriuir tes uñas. Ti ladras desde as Cauernas mais por acà non te atreues; ê sin ladrar cando debes metes o Rabo entre as pernas: ti por este tempo imbernas metido no teu Palleiro: polo Brao Can de Azeiteiro ladras como un Mostafan; pero si Azeite che dan logo colles ô Vieiro. Agora ladras no Adro que ' na tua terra estàs, mais si ladras por acà eiche de tocar ô Quadro: cos teu ladridos non cadro: procura dar sin afan Dn. aos que nada dan dan: dan dn. dn. ne patarata, que che Dn. dan na tocata do Villano que lle dan Cando estabas en Santiago estudiante e sin corona ainda da fonte Elicona non beberas disque ô trago; mais vbeuche agora ô amago da Vena des pois de crego; pois sendo lego, ti Diego, anque estudiado havias, que ainda Musa non sabias dice quen te acordou Lego. Des pois xa claro, ou oculto, da Virxen co â escusa deches a entender con musa, que estabas metido en culto xa de crer non dificulto aquela transformacion de Xupiter en Castron; pois ti, Cisne, desde Pato, por methamorfosis, cato, te volueche sin ficcion. Foches mostrando con mañas ser Poeta verdadeiro pedindolle a o Caualeiro Velas e Diñeiro Arañas tamen, ê por que arrapañas todo esto, a darche me atrebo esta tunda, e darcha debo; por que posto en razon era, xa que vas leuando Cera, que axa quen che dea Sebo. Algun que afecto che cobra, que esta carta Lea ê abra, diria, non esta palabra, ê que tampouco esta obra: no me causara Zozobra que no me alauen por ela; mais direiche con cautela; que os teus versos que aca veñen en que pides Velas teñen de boz que ueñen aa Vela A zera boluela Mel dentro da tua Hermitiña, asi cho di Saudiña o que pide en San Miguel, que sendo Caixeiro fiel xura, e perxura que fas, como o que â ô Santo San Bras sacando da Caixa un Taco para as tomas de Tabaco ô cobre en polbos desfas. Han de declarar tamen os antiguos Hermitaños que entendendo os teus engaños de pedicha se manten; ben sauen amais ben ven, que ti nas tuas poesias cantando esas Letanias para os Dolores alcanzas Velas, que non vendo as Lanzas sin Dolores as Vacias. Asi Fruime descaixas aZera para ô tabaco a Zera metes no saco e tabaco nas Caixas, aZera ben a rebaixas, e disque se bai nas Beas, con Xantares ê coas Ceas che dicen que a gaspachas, facendo Velas das Fachas boluendo as Velas Candeas. Din que traes un Zerote, que che oprime o Corazon da Zera que sin razon nin conta gastas â escote, con ela encerais ô Bote ti, e o teu sacristan: cala, que xa cho diran; han che de tocar a tiña: hanche de dar â R apiña repicandoche ô dan dan Eles din que cho diran mais perdendo a possesion da tua composision todo che perdonaran; si non contigo daran, ê en poñendote no fin, han de tocarche ô din, din co a campana do don, don; han de arrimarte aun Bordon/ e hante de facer Pixin Estes mas curar procura, que estes Hermitanos mismos mismo a costa dos teus dismos pretenden poñerche Cura: queren darche tal Cisura que che ha de causar gran pena, querenche cortar â Vena e han que o leues â mal queren sacarche ô Coral pola sangria da Entena. Ti sendo Cardo ou Auena falaches de alguns sin modo: tes licencia para todo desde que che ueu aVena: atua Vena se exqrequena por picar, eu me dedico apicala, e non me aprico aesto, para que sangre que eu non te pico por Sangre anque na Vena te pico. Eultima mente dime, e responde con acato: en quegastas o curato de Sn. Martin de Fruime? agora a espada se exgrime contra ti, que o dan dan mobes; donde tanto ben encrobes, que atodos a dar prouocas vendo que o dan, dan non tocas, nin llo repicas â os probes. Eu vexo que as tuas Rentas, segun ô que me respondes, as enlutas , ê escondes co â tinta das imprentas: Mira! Que ô mismo Dios tentas mentras Don, Don non explicas mentras dan, dan non repicas, mentras que todo o que expulgas, eti mismo te comulgas a os probes non communicas! Eu non che gasto de Risa, que che falo tan de veras, como si a Dios ofreceras o sacrificio daMissa, e sendo que esta diuissa polos probes tamen sumes e partirlles non presumes do Veneficio, que comes saue que cando ô consomes Cristo nos probes con sumes. Leuado de algun ardor ben sei que sabras decir que o Demo por peruertir se mete a Predicador; non che acometa o temblor das presentes nouedades repara as necesidades curalle a os probes a tos, que o Demo si ô manda Dios por forza dirà Verdades. Non tes que buscar escusa para pedir a os señores para a Virxen dos Dolores, que eu ben che entendo amusa dedar culto aaVirxen usa a fee/tua, non he oculto ti eres culto, e dificulto si as Velas segastaran no culto para que ban, ou si as consume o Culto. Heche un â accion fementida que escandaliza, e des dora pedir por nosa Señora por pasares boa Vida esta señora aflixida solo quer por resplandores, que as culpas xemas, êchores, que as suas Angustias reces. Sete misterios de deces polos seus sete Dolores. Con esta Virxinal Capa xa ôxe os teus labradores din que aVirxen dos Dolores manten â â Virxen da Lapa o sacristan faise Papa, êbota un ano êun dia, ti con el poste en porfia, e entre tantas conferencias Xubileos ê indulxencias metedes na Sacristia. As Velas que aca chedan para a Virxen, as encendes, e na tua man lles prendes lume, pola tua man; nas tuas mans arderan as Velas pois se presume, que en aquelas se consume algo âô menos das Velas; pois poñer estas naquelas ben aser poñerlles Lume. Conque xa podo afirmar, quealgun â (asi Deus tegarde) cera nas tuas mans arde, que non arde no altar. Un sacristan dun lugar ataba todos os cauos xuntos nun feixe, e con brabos ardides vendiaos presto: ô teu Carlos non fai esto, ti e el non atais Cabos. Con cousa tan importuna todo oque che dan derrotas e todos os anos botas papeis a rondar fortuna: deixate de andar atuna dalle descanso a razon apartate do don, don vaite cantar a o Espital que de ali anque cantes mal sacaras un a Racion. Dibulgas ti cantinelas co nome do sacristan, ben se saue que seran de quen despauila as Velas: fas Decimas con Cautelas como que he Carlos con fraudes: xusgas ti que asi te aplaudes querendo facer con tretas ti as decimas completas para que se sigan Laudes. Con este teu modo Vago andando por esa Via, na tua feligresia gastas Cera de Santiago; mais has de facer ô pago da Luz con que te alomeas cando escriues, cando ceas, si aprontas logo os Cauos sinon posto en menos Cauos recacharas as Candeas. Non falta quen con Verdad di que das Velas que colles as mellores as recolles, e gastas a Voluntad: despois das a Soledad por parte nestas camorras; mais parati as engorras, e pagasnos os Brandons con Versos e con borrons facendo da Cera Borras. Que che dean aconsellas Zera para te alumbrar mais non ousan traballar para alumbrarte as Avellas: pon o Xunco nas Orellas, que parecen Lamparons pois Morciegalos pelons por velas tan azeitadas chupan nelas entenadas que fan dentro os Auellons. que Orellas desdichadas cheas de tal fealdad! pon uns Orellons deAbad, e as que tes as Criadas que para un as Arracadas sei que lles fas Veneficio Postas no teu orificio, si o Bentre se che desgracia con orellas de tal gracia han de darche bo Seruicio. Que ay amigo Cernadas? non sei si ainda escaramusas en pago das tuas Musas leua estas Aborralladas: atende aestas aldabadas que che ofuscan os sentidos ten os todos preuenidos no nos entupas cos obos non limpes Cera dos Cobos limpa aZera dos Oidos. Aque escoites te convido consellos tan commedidos, e que me prestes oidos, an que che falte ô oido, eu penso que ô teu sentido das Musas noreximento bufa forte como ô Bento subindo moi de rrepente de soldado a se Thenente sin primeiro ser sarxento. Asi cos meus pes te trillo como me respondes ! que sobre cada teu ei de fundar un Castillo, non ueñas con un estriuillo como o do Dn. donde dan: que ei de tocar din, gon, dan, e cantar con voz sincera pola Calle din, gon, dera, Cinquenta dandoche ban Con achaque de que choca a tua Musa bufona dices de calquer Persona O que seche uen a Voca: si esta miña te prouoca; ê â queres conuatir, parindo versos, decir podo con razons apares: que Versos contra min pares porque te poño aparir. Pareceme que por xogo tocas o dan, dan de risa; mais anque estea deprisa ei che de tocar afogo: Xa pasa de desafogo repetir tal tocamento: retirate deste intento que omeu dictamen rebate a Salsa do teu Tomate, e ponte como un Pemento Mordesme en Papeliños, que leeron moitas Xentes: mordes me, chantasme os dentes chantame agora os fuocinos: si lendo estes meus termiños fixères xestos, ou mocas, ê contra min te desuocas, ê con Mocas ques ferir me, e focas no Corpo abrirme, Chantame as mocas nas focas. Diras que todo esto he Palla; por que te ues conuencido ben sei que oque esta vencido di, que todo he faramalla: esta Musa ben te malla e en forma de desvario das Velas cheda desvio; mais simedas tal resposta ben sei que os que dan â Costa botan polas de Pabio. Dicen que atua Poesia he fria si he deRrepente; pero si esta algo qente (xase ue) non he tan fria. Si a algun â festa algun dia axantar eres chamado glosas des pois de pensado, si ali algun te pica en Versos compos moitos ê diuersos mais he des pois de picado. Diz xente non ignorante: que saues, e que tes Letras que entre outras Artes penetras/ a Nautica (he constante) que ti letra tes bastante; pois na terrasin ser Mar Velas saues leuantar, e sin mirar as estrelas, gouernas (collendo as Velas a Agulla de marear. En escudriñar principios de ciencias, deseoso es, e xa delas dis que tes tales quales participios: por bruxulas ou por Ripios ti ter principios anhelas; mais por pasar te desuelas para non ter menos Cabos desde os principios a os cabos/ discurres en esto, e Velas. Din que o teu Xenio lle ralla ter â casa proueida; mais non a tes tan barrida de Alaxas, e Vitualla, que estea de poluo e palla barrida, e non son patrañas: que no teu cuarto ai Arañas e por limpeza do Altar outras chegache a Limpar tendo as na casa tamañas. As Arañas deben ser do teu Xenio, en meu sentir, ti todo he Versos Urdir, e elas todo he teser, elas tesen por coller a Mosca, ea tua tosca poesia, tamen se enrrosca Urdindo en Verso marañas agora que ten Arañas para pillar tamen Mosca. Sempre compoñendo estas solo con un a das musas, das noue musas non usas; pois non ques na casa Hirmas: das Hirmas caso non fas, ean que as musas as estimas tocar lira non te animas pois si de Hirmas non teacordas na Casa (anque sean cordas) mais pouco queres ter Primas. Como eres compositor de Versos tan alauado, para aquí ou outro lado tes Versos para Compor; si tes encarga maior aun a estre=lasanta apelas por luces e ves por elas dache luces conque luces: tanta falta tes de luces, canta dices tes de Velas. Xa chegaches â alcanzar polos teus Versos festibos, que por aulos positibos os fosen apresentar: moito chegache apribar entonces, e moi premiado foches; porque decontado (anque estabas ben, suspenso) da Corte das musas, penso, chegaches aser Priuado. Queixabaste nun retazo de un papel con gran tristeza non da falta da caueza sinon da falta de brazo e lastima que un homazo de tal Vena, e tal caudal estea en un posto tal, pois pola lira ou azitra, mereces con un a Mitra que che fagan Cardenal. Hera ben esto he vexo, xa que a outro posto anhelas, elimpas tanto as Velas, poñerte no Candero; mais eu tamen considero que ser ti veneficiado che cadrou moi adequado; pois para atua cordura, era ben facerche Cura, e seres, crego Curado. Atacarme quereras con Versos mais o instante si me atacares por diante, boluereime por de tras, esi xusgases, que estas triunfante, e eu atacado; triunfarei desatacado, de ti e por non ser audaz poreiche diante da faz apaz, para que a abrazes, esi non abrazas paces, dareiche a beixar apaz. Pero xa quero acabar as miñas decimas prontas: son cinquenta, esi as contas leuas nelas que contar: fun piadoso eu en che dar zinquenta nomais, si o bentas; pois aunque en papel me afrentas, ouben deti compasion; por que elas zinquenta son, e ti mereces docentas.

Ala cheuai esta Limosna; co aque poderas saciar o teu corpo, afamado; contenprando: que che falta odente, amais a Moa; no me atrebin a remetirche polo dador de este alguns codelos, que co apidicha, para a caixa que deixou Come Tabaco, ou por outro nome morre na Corre. Podras pois comprar algun azeite, para alumbrarte (co o que che sobrare, despois que compres un a Arroba deZera para nosa Señora) co o que che sobre de ese Doblon, con que te alumbro. Roga por min que anque me desconoces, eu conocendote ouriñote, e rogo polo teu ben: ti de min non digas mal, e disimula o parado, e an que chas dean sea no cu, ou na cara, ou na espadua, Cala.


Leyenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar XMLDescargar selección actual como TXT