Portal de ditados tópicos galegos

USC. Instituto da Lingua Galega

  
  

Este portal reúne os que tradicionalmente se denominan ditados tópicos, isto é, xentilicios, seudoxentilicios (alcumes) e mais refráns e cantigas referidas a algunha localidade ou ós seus poboadores. Na súa primeira fase ofrece as 1212 fichas recollidas en Galicia para a redacción do Diccionario geográfico popular de España de Camilo José Cela.

A busca nestes materiais pode facerse a partir do lugar en que se recolleron os datos (Lugar de recollida), do lugar ó que se fai referencia na ficha (Lugar de referencia) ou da información textual que aparece na ficha (Forma). Esta última busca pode facerse sobre todo o texto da ficha ou ben restrinxirse por tipo de material: alcumes, cantigas, refráns, xentilicios ou topónimos festivos (p. ex. Terra da chispa ou Terra dos cornos). Estas buscas poden, ademais, restrinxirse e combinarse cos campos Lugar de recollida e Lugar de referencia. A busca por forma faise por cadeas de caracteres (un mínimo de dous) en calquera posición do texto; isto é, a entrada va recuperará as formas: novas, vaca, valente, viva, etc.

Última actualización: 18/07/11
© 2017 Instituto da Lingua Galega - USC
Coa colaboración da Fundación Camilo José Cela